Presentación do Informe Anual 2023 da Institución da Valedora do Pobo.

Hoxe tivo lugar a entrega pola Valedora do Pobo do Informe Anual da Institución correspondente ao exercicio 2023 ao presidente do Parlamento de Galicia Miguel Ángel Santalices Vieira. Con posterioridade, Dolores Fernandez Galiño ofreceu unha rolda de prensa na que informou dos aspectos máis relevantes do mesmo.          

O acoso escolar, a debate co Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia

“A invasión do espazo persoal máis íntimo”, “encerrar alguén en si mesmo e impedir que poida florecer a súa personalidade” e “un lugar do que podes escapar, pero nunca esquecer”. Con estas tres definicións, Beatriz Comesaña, vogal do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, ilustrou a problemática do acoso escolar, que centrou a reunión que […]

Dano Cerebral Galicia presenta as súas reivindicacións para a próxima lexislatura do Parlamento de Galicia na Valedora do Pobo

O pasado venres, a Valedora do Pobo acolleu a presentación do decálogo de reivindicacións de Dano Cerebral Galicia para a próxima lexislatura. O acto tamén serviu para presentar o novo nome da ata agora Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace). O seu presidente, Luciano Fernández, destacou que, con esta nova denominación, pretenden facilitar a identificación […]

21 de xuño, Día Mundial da Loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica

Hai en Galicia máis de 300 persoas con ELA diagnosticada; a nivel estatal, máis de 4000; cada día morren 3 persoas e detéctanse 3 novos casos. A persoa con ELA atópase nunha situación de especial vulnerabilidade, tanto pola progresión da propia enfermidade, que fai previsible a necesidade de medidas terapéuticas para seguir vivindo, como polos […]

A valedora do pobo participa na entrega dos premios solidarios do Grupo Social ONCE

A valedora do pobo participou o pasado mércores na gala dos premios solidarios do Grupo Social ONCE, que tivo lugar na Coruña.  Estes galardóns entréganse en todas as comunidades autónomas e pretenden promover a inclusión social, a normalización, a autonomía persoal, a accesibilidade universal e a vida independente das persoas con discapacidade. Para iso, recoñecen […]

Fernández Galiño: “É importante alertar sobre a subsistencia dos prexuízos idadistas no contexto dunha sociedade avellentada”

A valedora do pobo, María Dolores Fernández, destacou a importancia de abordar as políticas públicas relativas ás persoas maiores de idade desde un enfoque baseado nos dereitos e non nos estereotipos idadistas. Fíxoo o pasado venres na súa intervención no Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía, que tivo lugar en Santiago de Compostela. Explicou que, […]

A valedora do pobo visita o Museo das Peregrinacións e de Santiago

A valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño, visitou onte o Museo das Peregrinacións e de Santiago, acompañada pola súa directora, Esperanza Gigirey, quen lle explicou o obxectivo do centro e a guiou polos seus tres andares. Creado en 1951 por iniciativa de Manuel Chamoso Lamas, a súa exposición comeza amosando distintas peregrinacións que se desenvolven […]