A valedora do pobo visita o Museo das Peregrinacións e de Santiago

A valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño, visitou onte o Museo das Peregrinacións e de Santiago, acompañada pola súa directora, Esperanza Gigirey, quen lle explicou o obxectivo do centro e a guiou polos seus tres andares.

Creado en 1951 por iniciativa de Manuel Chamoso Lamas, a súa exposición comeza amosando distintas peregrinacións que se desenvolven arredor do mundo, antes de centrarse na xacobea, vertebrada polo Camiño de Santiago. Finalmente, destaca o nacemento e a evolución de Santiago de Compostela como consecuencia deste fenómeno relixioso.

De entre as pezas coas que conta o centro expositivo, a valedora resaltou o libro El Camino de Santiago en España, do xaponés Ikeda Munehiro. A obra contén ilustracións detalladas de distintos monumentos e paisaxes que o seu autor atopou ao longo do Camiño de Santiago.

Na súa dedicatoria no libro de honra do museo, Fernández Galiño loou o seu funcionamento e a súa exposición. Ademais, tivo ocasión de conversar co seu persoal.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest