A valedora do pobo asiste ao 20 Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental organizado por FADEMGA.

O pasado 20 de novembro e organizado por FADEMGA Plena inclusión (federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento), celebrouse o 20 seminario de Discapacidade intelectual e Saúde Mental na facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta edición, á que asistiu Dolores Fernández Galiño, abordouse a relación entre epilepsia e saúde mental, a importancia de como escoitamos e acompañamos e as intervencións non farmacolóxicas.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest