O obxectivo da xornada celebrada o pasado luns, era fortalecer as competencias dos e das profesionais que traballan con persoas maiores para a promoción, protección e defensa dos seus dereitos, fomentando o bo trato e a prevención, detección e acompañamento ante situacións de malos tratos e favorecendo a coordinación interinstitucional e o traballo en rede desde o enfoque de dereitos humanos promovido polas Nacións Unidas.
Ademais da valedora do pobo interviñeron na xornada Carla Bonell Pagán de Help Age; Agustina Portabales, traballadora social do SERGAS e voluntaria de Cruz Roja; o inspector de policía Antonio Perera Cansado; o fiscal Antonio Roma; Irene Cobo Junquera, de Cruz Roja Oficina Central e Begoña Dorado do Águila.
Asistiron á formación técnicos sociais, voluntarios do programa de persoas maiores, e representantes de entidades sociais de Galicia.

