Inicio » Informes do comisionado da transparencia
Como Comisionado de Transparencia, a institución da Valedora do Pobo ten a misión de investigar posibles incumprimentos nos que poidan incorrer os poderes públicos no desenvolvemento das súas obrigas de publicidade activa de información pública, ben a iniciativa propia ou por denuncia da cidadanía. Unha das súas funcións específicas consiste en emitir informes previos sobre proxectos de lei ou de regulamentos en materia de transparencia e bo goberno (oída a Comisión da Transparencia). Os informes elaborados neste marco aparecen reflectidos nesta páxina.
Como Comisionado da Transparencia, a institución da Valedora do Pobo ten tamén a función de responder ás consultas que, con carácter facultativo, lle formulen as entidades obrigadas a cumprir coa normativa galega de transparencia. Nesta sección publicamos as respostas ás consultas que nos teñen formulado os suxeitos obrigados a cumprir coa transparencia nos sucesivos exercicios.