Inicio » Información económica, orzamentaria e estatística
Transparencia é a posibilidade de acceso que ten a cidadanía a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, orzamentaria e estatística das institucións e organismos públicos.
Como Valedora do Pobo promovemos a transparencia da actividade pública, velamos polo cumprimento das obrigas de publicidade, salvagardamos o exercicio do dereito de acceso á información pública e garantimos a observancia das disposicións de bo goberno na comunidade galega.
A Valedora do Pobo publica nesta sección información sobre o estado de desenvolvemento do orzamento anual, do seu xeito de execución e o encaixe deste dentro dos seus obxectivos anuais. O propósito non é outro que contribuír ao espíritu de transparencia da institución, achegando, dentro da complexidade implícita destes datos, a súa proximidade á cidadanía para que coñezan a que se dedican os fondos públicos que permiten traballar a esta institución que contribúe directamente ao seu benestar.
| CAPÍTULO 1 | CANTIDAD |
|---|---|
| Retribucións altos cargos | 203.370,00 |
| Retribucións persoal eventual | 385.940,00 |
| Retribucións persoal funcionario | 1.073.690,00 |
| Cotas sociais (Seguridade Social) | 302.592,00 |
| CAPÍTULO 2 | |
| Reparacións, mantemento e conservación | 85.550,00 |
| Subministracións (enerxía elétrica, auga, combustible e outros) | 45.856,00 |
| Comunicacións (telefónicas e postais) | 27.020,00 |
| Traballos realizados por outras empresas (limpeza, mantemento, seguridade e outros) | 234.100,00 |
| CAPÍTULO 4 | |
| Transf. correntes a familias e inst. sen fin de lucro | 142.100,00 |
Para dar resposta ás previsións legais e ás obrigas de publicidade activa recollidas na Lei 19/2013 do 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e ás previsións da Lei 1/2016 do 18 de xaneiro de transparencia e bo goberno para a Comunidade de Galicia, a institución da Valedora do Pobo reúne nesta sección toda a información relativa aos bens inmobles sobre os que ostenta algún dereito real así como o seu inventario de bens de interese histórico artístico e vehículos.
Para dar resposta ás previsións legais e ás obrigas de publicidade activa recollidas na Lei 19/2013 do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e ás previsións da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno para a Comunidade de Galicia, a institución da Valedora do Pobo reúne nesta sección toda a información relativa aos bens inmobles sobre os que ostenta algún dereito real así como o seu inventario de bens de interese histórico artístico e vehículos.
Nesta sección atoparás toda a información relativa ás nosas bolsas de formación.
Para dar resposta ás previsións legais e ás obrigacións de publicidade activa recollidas na Lei 19/2013 do 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e ás previsións da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro de transparencia e bo goberno para a Comunidade de Galicia, a institución da Valedora do Pobo reúne nesta sección toda a información relativa á contratación pública realizada.
A institución da Valedora do Pobo pode celebrar convenios ou instrumentos xurídicos asimilables con outras administracións e entidades públicas e privadas no ámbito das súas respectivas competencias.
A publicidade brindada aos convenios no cumprimento dos compromisos da transparencia vén regulada pola Lei 1/2016 do 18 de xaneiro de transparencia e bo goberno e pola Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno de caráter básico.
A actual lexislación esixe un elevado nivel de transparencia e aínda que a institución non concede subvencións nin axudas públicas con carácter xeral, este tipo de axudas supuxeron un instrumento esencial para apoiar de modo puntual o desenvolvemento de actividades de investigación e/ou divulgación de dereitos humanos.

Non existen na actualidade convocatorias de axudas públicas nin de subvencións por parte da Valedora do Pobo.