Inicio » Información institucional
Transparencia é a posibilidade de acceso que ten a cidadanía a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, orzamentaria e estatística das institucións e organismos públicos. A lei 1/2016, de transparencia e bo goberno de Galicia (complementaria da lei básica 19/2013) ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer os deberes de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.
Pode acceder aquí a toda a información de relevancia xurídica da institución na súa versión consolidada.
Coñece ao equipo, bota unha ollada ao noso organigrama.
No Control da transparencia
Ademais…
A Valedora do Pobo de Galicia ten como fin estatutario e legal a defensa e a protección dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas recoñecidos na Constitución e a tutela dos dereitos individuais e colectivos emanados do Estatuto de Autonomía, en especial os sancionados no seu título preliminar. Tamén garante o pleno sometemento das administracións galegas á lei e ao dereito. Podes ver a nosa carta de servizos aquí.
Competencias de órganos e entidades e traspasos de funcións e servizos. Acceda aquí.
Delegación de competencia da Comisión da Transparencia de Galicia na súa presidenta (Valedora do Pobo) a resolución das reclamacións en que se teña por desistido o/a solicitante por non remitir en prazo a documentación que se lle requira.
Queres visitarnos?
Rúa do Hórreo, 65.
Santiago de Compostela
A Coruña (España)
15702
De 9.00 a 14.00 e de 16:30 a 19.00
(de luns a xoves)
Venres de 9.00 a 14.00
Horario de verán