A Canle de Denuncias Interno da Institución da Valedora do Pobo é a canle electrónica habilitada para denunciar calquera infracción normativa ou acto de corrupción no ámbito laboral que se coñeza da organización, co fin de que se investigue, e en no caso de que se constate unha práctica irregular, poida ser corrixida ou reparada o antes posible, evitando ou minimizando os danos.

A comunicación por esta canle pode realizala calquera persoa (persoal ao servizo da institución, persoal de empresas externas, persoal en prácticas ou calquera cidadán), de forma anónima ou de forma nominativa, na que se garante a confidencialidade da súa identidade. Na modalidade nominativa, poderase manter a comunicación coa persoa informante para os efectos de solicitarlle, se é necesario, que aclare ou amplíe a información, e comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema.

As infraccións que se poden denunciar son, a título de exemplo, o incumprimento das normativas laborais e de seguridade social, a comisión de delitos fiscais ou contra a Facenda Pública, a comisión de delitos de corrupción, como a malversación de fondos públicos ou o suborno ou a vulneración dos dereitos humanos e liberdades fundamentais no ámbito laboral, entre outras.

A Lei protexe ao informante e ás persoas da súa contorna (compañeiros/as de traballo ou familiares), fronte a posibles represalias que poida sufrir como consecuencia da comunicación da infracción.

 

1 Informacion canal de denuncias Interno VP

2. Procedemento Canle denuncias

Directiva UE 2019-1937

Ley 2/2023, de 20 de febrero, reguladora de la protección de las personas que informen sobre infracciones normativas y de lucha contra la corrupción

 

Acceso: Portal de denuncias