Preguntas frecuentes

O que necesita saber

É a Valedora do Pobo de Galicia. Unha alta comisionada do Parlamento de Galicia ao servizo do cidadán, para garantir, con independencia, os dereitos constitucionais e estatutarios e o principio de boa administración.

Se che negan un dereito, sénteste discriminado ou es vítima de abuso, pídenos axuda, podemos defenderte.

Defender os teus dereitos como cidadán, e investigar se a administración pública galega cometeu contigo algunha irregularidade, erro, abuso, arbitrariedade ou neglixencia.
No caso de que así sexa, pode intervir para que o órgano afectado (concello, consellería, deputación, universidade etc.) corrixa a súa actuación.
Podemos realizar tamén suxestións ou recomendacións para que os poderes públicos realicen melloras que beneficien a todos.

A Valedora do Pobo ofrece un servizo gratuíto de atención ás persoas que asiste a todo o mundo que se achega a el para realizar unha consulta ou presentar unha queixa.

Escoitamos sempre á xente que se dirixe á institución e estamos en permanente contacto con entidades que representan a colectivos necesitados de atención.

Abrimos as nosas investigacións a propia iniciativa ou a través das vosas queixas. En función destas podemos solicitar informes ás partes e emitir resolucións para corrixir actuacións das administracións galegas, en caso de ser necesario.

Como alta comisionada do Parlamento de Galicia, estamos obrigados a enviar e resumir ante o pleno da Cámara un informe anual da actividade.

Como presentar unha queixa?

Encha o formulario na páxina de queixas, encha os seus datos persoais e toda a información asociada á súa queixa da forma máis completa posible.

Pode tamén achegar documentación.

Envíe un fax a:

Valedora do Pobo

N. fax: 981 572 335

O documento debe incluír os seguintes datos:

  • Nome, apelidos e DNI do reclamante.
  • Dirección postal.

O escrito deberá responder como mínimo ás seguintes preguntas:

  • Contra que órgano da administración da comunidade autónoma, concello, entidade ou empresa pública desexa presentar a súa queixa?
  • Cal é o motivo da súa queixa?

Pode completalo (xa opcional) respondendo os seguintes interrogantes:

  • Fixo algunha reclamación ou interpuxo algún recurso contra a actuación descrita anteriormente?
  • Algún xulgado ou tribunal ditou sentenza ou ten en trámite algún procedemento contra a actuación á que se refire na queixa?
  • Engadir calquera outro dato que considere de interese para o estudo do seu problema.

Envíe unha carta a:

Valedora do Pobo

Rúa do Hórreo 65

15702 Santiago de Compostela

A carta debe incluír os seguintes datos:

  • Nome, apelidos e DNI do reclamante.
  • Dirección postal.

O escrito deberá responder como mínimo ás seguintes preguntas:

  • Contra que órgano da administración da comunidade autónoma, concello, entidade ou empresa pública desexa presentar a súa queixa?
  • Cal é o motivo da súa queixa?

Pode completalo (xa opcional) respondendo os seguintes interrogantes:

  • Fixo algunha reclamación ou interpuxo algún recurso contra a actuación descrita anteriormente?
  • Algún xulgado ou tribunal ditou sentenza ou ten en trámite algún procedemento contra a actuación á que se refire na queixa?
  • Engadir calquera outro dato que considere de interese para o estudo do seu problema.

Pode dirixirse á sede da Valedora do Pobo, onde será amablemente atendido.

Rúa do Hórreo, núm. 65

15702

Santiago de Compostela

Horario de 9.00 h. a 14.00 h de luns a venres e de 16.30 a 19.00 horas de luns a xoves

Comisión da transparencia

O seu escrito, que debe chegar asinado, debe incluír obrigatoriamente o seu nome completo, un correo electrónico (na súa falta dirección postal) e unha breve explicación achega do problema detectado no exercicio do seu dereito de acceso á información pública.

Nesta información deberá especificar as datas do ocorrido, o nome do organismo, ou unidade administrativa afectada e o lugar onde se produciron os feitos.

Pode facilitar canta información documental considere relevante para poder tramitar a reclamación.

Imprescindible: Achegar copia do DNI/NIF/NIE ou pasaporte, pola contra non se poderá tramitar a reclamación.

Ten un plazo de un mes dende a notificación da resolución polo organismo ao que se lle solicitou a información, ou en calquera momento unha vez transcorrido un mes dende a solicitude, se non se obtivo resposta.

A Comisión da Transparencia ten habilitados vaios mecanismos.

Pode dirixirse:

  1. De modo presencial á sede da Valedora do Pobo (Rúa do Hórreo 65, Santiago de Compostela)
  2. Pode remitir o escrito de reclamación a esa mesma dirección
  3. Entregalo nun rexistro público con destino á defensoría
  4. Acceder ao formulario en liña

A Comisión da Transparencia resolve as reclamacións no prazo máximo de tres meses. De non ditar resolución nese prazo, a reclamación debe entenderse desestimada e pode interporse contra esa falla de resolución, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Está presidida pola titular da Valedora do Pobo.

A Vicepresidencia corresponde ao/a adxunto/a á Valedora do Pobo

Conta con 5 vocalías que representan a:

-Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Simplificación Administrativa)

-Consello Consultivo

-Consello de Contas

-Federación Galega de Municipios e Provincias

Pode denuncialo ante a Valedora do Pobo que actúa como Comisionado da Transparencia

Polas canles habituais de tramitación de queixas ante a Valedora do Pobo.

1.Por internet: por medio do formulario web

Por fax ao número: 981 572 335

Por carta dirixida a: Valedora do Pobo. Rúa do Hórreo 65. 15700 Santiago de Compostela

En persoa, sen cita, nesa mesma dirección en horario de 9-14 e 16-19 horas.

O escrito deberá responder como mínimo ás seguintes cuestións:

Órgano da Administración da Comunidade Autónoma, concello, entidade ou empresa pública que non ten publicada a información obrigatoria e de que información se trata.

Acceso a información pública

Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. Así mesmo, considerarase información pública a producida polas entidades que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, nos termos previstos no artigo 4 da Lei de transparencia e bo goberno.

Dereito de acceso

O dereito de acceso á información pública exércese conforme ao procedemento establecido na normativa actual, Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

A actual normativa garante á cidadanía:

O uso da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou outras leis.

A recepción da información pública en formato electrónico ou en papel, segundo indicase a persoa solicitante.

A recepción da información pública na lingua oficial de Galicia na que a solicite.

O coñecemento das taxas e prezos que, no seu caso, sexan esixibles para a obtención de copias ou para a transposición da información a formatos diferentes do orixinal.

A realización de propostas e suxestións tanto ao redor da información demandada e aos formatos, programas ou linguaxes informáticos empregados.

Gran parte da información pública atópase publicada nas webs institucionais das administracións, organismos públicos e institucións. Por esta razón, recomendamos que as visites e no caso de que non a atopes, presentes unha solicitude de acceso á información á administración, organismo ou institución correspondente.

Efectivamente ten límites e aparecen sinalados no artigo 14 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Así, o dereito de acceso poderá ser limitado cando acceder á información supoña un prexuízo para:

A seguridade nacional.

A defensa.

As relacións exteriores.

A seguridade pública.

A prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios.

A igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva.

As funcións administrativas de vixilancia, inspección e control.

Os intereses económicos e comerciais.

A política económica e monetaria.

O segredo profesional e a propiedade intelectual e industrial.

A garantía da confidencialidade ou o segredo requirido en procesos de toma de decisión.

A protección do medio ambiente.

A aplicación dos límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o acceso.

Solicitude de acceso

O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse, neste caso, á Valedora do Pobo, titular da información.

Na solicitude, que poderá presentarse por calquera medio, debe constar:

  • Identidade do solicitante verificable a través do DNI ou número de pasaporte.
  • Información solicitada.
  • Dirección de contacto, preferiblemente electrónica para facilitar a comunicación.

No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.

O solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Con todo, a ausencia de motivación non será por si mesma causa de rexeitamento da solicitude.

Causas da inadmisión

Se inadmitirán a trámite, mediante resolución motivada, as solicitudes:

Que se refiran a información que estea en curso de elaboración ou de publicación xeral.

Referidas a información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores, opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas.

Relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración.

Dirixidas a este órgano, en cuxo poder non obre a información cando se descoñeza o órgano competente.

Que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade da normativa de transparencia.

Prazos de resposta

O prazo xeral de resposta en contestación á solicitude de información é dun mes desde a súa recepción. Este prazo é ampliable a un mes máis cando o volume ou a complexidade da información solicitada o faga necesario.

E se non estou de acordo coa resolución da Valedora do Pobo…

Contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso ditada pola Valedora do Pobo e segundo o previsto na normativa, só caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo.

De acordo coa normativa vixente, todas as persoas teñen dereito a acceder á información de carácter público da institución da Valedora do Pobo.

A información da Valedora do Pobo, que é pública e está suxeita ao dereito de acceso, é a constituída polos contidos ou documentos, en calquera formato ou soporte, que obren no seu poder e fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións en relación coas súas actividades suxeitas a Dereito Administrativo. Enténdese por actividades suxeitas a Dereito Administrativo os actos e disposicións en materia de persoal, administración e xestión patrimonial.

Por internet:

Cumprimente este formulario, encha os seus datos persoais e toda a información solicitada.

Por Correo electrónico:

Podes presentar a correspondente solicitude dirixida ao noso rexistro (rexistro@valedordopobo.gal), presencialmente, por correo ordinario, ou ben a través do correo electrónico ou ben no buzón:

transparencia@valedordopobo.gal

Para que poidamos tramitar a túa solicitude, debe constar:

  • Identidade do solicitante verificable a través do DNI ou número de pasaporte.
  • Información solicitada.

Dirección de contacto, preferiblemente electrónica para facilitar a comunicación.

Por carta:

No caso de non dispoñer de dirección de correo electrónico, pode enviar unha carta a:

Valedora do Pobo

Rúa do Hórreo 65

15700 Santiago de Compostela

A carta debe incluír os seguintes datos:

  • Identidade do solicitante verificable a través do DNI ou número de pasaporte.
  • Información solicitada.
  • Dirección de contacto, preferiblemente electrónica para facilitar a comunicación.

No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.

En persoa:

Pode dirixirse á sede da Valedora do Pobo, onde será amablemente atendido.

Rúa do Hórreo, núm. 65

Santiago de Compostela

Horario de 9.00 h. a 14.00 h y de 16.30 a 19 horas

Se segues tendo dúbidas, envíanolas

Os datos rexistrados nos nosos ficheiros informatizados, a partir dos facilitados por vostede, son confidenciais e só poderán ser utilizados para a investigación da súa petición e para o envío de información en relación coa mesma. De acordo coa Instrucción da Valedora do Pobo de 24 de Marzo de 1997 (DOG 18-04-1997), conforme ao previsto na Ley Orgánica 15/1999, del 13 de dicembro, de Protección de datos de carácter persoal, vostede ten dereito a solicitar que lle sexan consultados, actualizados ou cancelados todos os datos facilitados.