As persoas sen fogar en Galicia
25 de Novembro de 2010 – Valedor do Pobo de Galicia
As persoas sen fogar en Galicia analiza a situación do colectivo de cidadáns que habitan e pasan a noite nas rúas galegas, carentes de recursos económicos suficientes e dun teito baixo o que poder vivir.
Para acometer a investigación persoal da institución visitou máis de trinta centros e servizos dirixidos a atender as necesidades desta poboación na nosa comunidade. Tamén solicitou información sobre diferentes plans e estatísticas das administracións competentes e de entidades sen ánimo de lucro que traballan con estas persoas.
O documento parte dunha análise conceptual e estatística para penetrarse no mundo destes marxinados. O Valedor acudiuse ao seu encontro en albergues, centros de inserción, comedores sociais, fogares de transeúntes, etc. onde se mantiveron entrevistas con algúns dos seus usuarios e os equipos que traballan nos mesmos.
Como conclusión do traballo, o Valedor do Pobo dirixe unha serie de recomendacións ás administracións públicas, principalmente a diferentes departamentos da Xunta de Galicia e gobernos municipais, co obxectivo de que desenvolvan accións encamiñadas a mellorar as condicións de vida destas persoas, que en moi poucas ocasións chegan a expor a súa problemática por propia iniciativa.