
“Falamos de feminismo” é a páxina oficial da Valedora do Pobo coa finalidade de difundir o dereito á igualdade de mulleres e homes. Facémolo a través das opinións de persoas expertas que, periodicamente, achegaron os seus puntos de vista con este fin e para que enraíce, con forza, a cultura da igualdade.






A Comisión da Transparencia, de conformidade co disposto no artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, é un órgano colexiado autónomo adscrito á institución da Valedora do Pobo, que pon as súas oficinas ao seu servizo, os seus recursos materiais e persoais.
A Comisión da Transparencia é a principal responsable de velar por que as administracións respecten o dereito de acceso á información pública en poder de todos os cidadáns, resolvendo as queixas contra as resolucións de acceso á información pública.