Presentación por EAPN Galicia na sede da Institución da Valedora do Pobo do Informe sobre o Estado da Pobreza en Galicia 2024

Esta mañá tivo lugar na sede da institución a presentación do Informe sobre o Estado da Pobreza en Galicia elaborado por EAPN (Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social) Galicia. Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, encargouse da introdución do acto, que se centrou na presentación do informe, que correu a cargo de Xosé Cuns, director de EAPN Galicia así como nas claves de futuro da loita contra a pobreza e a exclusión, que expuxo Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia. O informe contén os últimos datos recolleitos sobre pobreza na nosa Comunidade Autónoma, unha situación na que vive actualmente  o 25’5% da poboación.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest