Reunión da Valedora do Pobo coa Comisaria Xefa da Policía Nacional en Santiago de Compostela.

Esta mañá a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, mantivo un encontro con Nuria Palacios, Comisaria Xefa da Policía Nacional en Santiago de Compostela, quen recentemente se incorporou a este cargo.

No trascurso da reunión tratáronse temas relacionados coa igualdade, violencia, xénero, delitos por internet (como o sexting), seguridade cidadá e tamén falaron das posibles aplicacións da intelixencia artificial (IA) en cuestións tales como a violencia de xénero.

O encontro enmárcase no ámbito dunha colaboración.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest