Presentación no Parlamento de Galicia do Informe anual 2023.

Onte presentouse pola Valedora do Pobo diante do Pleno do Parlamento de Galicia o Informe Anual da Institución correspondente ao ano 2023.

Na súa exposición, Dolores Fernández Galiño fixo un breve repaso das queixas recibidas máis salientables, así como dos datos estatísticos reflectidos no informe.

Tras a exposición da Valedora interviñeron Armando Ojeda Bouzo en representación do Grupo Mixto, Paloma Castro Rey polo PSOE, Óscar Insua Lema polo BNG e finalmente Paula Prado del Río polo PP.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest