Inicio » Convenios
A institución do Valedor do Pobo pode celebrar convenios ou instrumentos xurídicos asimilables con outras administracións e entidades públicas e privadas no ámbito das súas respectivas competencias.
A publicidade brindada aos convenios no cumprimento dos compromisos da transparencia vén regulada pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e pola Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno de caráter básico.
Nesta páxina poñemos a disposición da cidadanía a posibilidade de acceder a todos os convenios asinados polo Valedor do Pobo e outras entidades tanto no ano corrente como nos precedentes, garantindo ademais a súa descarga directa.
001/24. ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E A VALEDORA DO POBO PARA O INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN EN RELACIÓN ÁS PERSOAS AFECTADAS POR PROCEDEMENTOS DE EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS E DESAFIUZAMENTOS POR FALTA DE PAGAMENTO DE RENDAS (PRORROGADO NO ANO 2025 POR UN ANO MAIS, ACORDO SEXTO).