Información patrimonial

Para dar resposta ás previsións legais e ás obrigas de publicidade activa recollidas na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e ás previsións da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno para a Comunidade de Galicia, a institución do Valedor do Pobo reúne nesta sección toda a información relativa aos bens inmobles sobre os que ostenta algún dereito real así como o seu inventario de bens de interese histórico artístico e vehículos.

Bens inmobles

A institución do Valedor do Pobo ocupa un ben cedido, o edificio sito na Rúa do Hórreo 65, patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A posibilidade de creación e organización dunha institución similar ao Defensor do Pobo recóllese no Estatuto de Autonomía de Galicia, en concreto no seu Art 14. Esta posibilidade fíxose efectiva a través da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo.

Vehículos

Vehículo oficial: Modelo Audi A 6 2.8 FSI 4. Ano de matriculación: 2011

Bens de interese cultural propiedade do valedor

Bens de interese cultural recibidos en cesión