“Coñécenos”: 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano

Hoxe celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano, que, de acordo coa Fundación Secretariado Gitano, pretende lembrar a súa historia e “render homenaxe ás vítimas xitanas das distintas persecucións ao longo dos séculos”. A campaña deste ano interpela a sociedade para que coñeza o pobo xitano, que o secretariado considera “o gran descoñecido”. Aínda que […]
A valedora do pobo reúnese con representantes da Asociación Albores

Onte, a valedora do pobo e a responsable da área de Sanidade mantiveron unha xuntanza con membros da Asociación Albores para tratar cuestións relacionadas coa atención á saúde mental nos municipios de Monforte e Chantada.
ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS VALEDORA DO POBO CUARTA EDICIÓN.

Hoxe tivo lugar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela o acto de entrega dos Premios Valedora do Pobo, que estivo marcado pola lembranza da traxedia que unhas horas antes acontecía en Ribeira, onde unha muller era asasinada pola súa ex-parella, sendo a primeira vítima de violencia de xénero deste ano […]
Publicación dos traballos gañadores da cuarta edición dos Premios Valedora do Pobo
Hoxe na sección de Falamos de Feminismo publicamos: -O traballo de Teresa Búa Zache, gañadora do Premio polo Traballo Fin de Master titulado “Lexislar e xulgar dende a perspectiva de xénero: Especial referencia ao ámbito do Dereito Penal e aos delitos sexuais”. Universidade da Coruña. -O traballo de Coral Carballedo Roca gañadora do Premio polo […]
Asistencia ao acto “Xeración 8 M”. Día Internacional da Muller.

A Valedora do Pobo asistiu ao acto que, con motivo do Día internacional da Muller, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade organizou o pasado venres, e cuxa temática consistía na importancia de concienciar ás novas xeracións na Igualdade, Inclusión e Empoderamento.
8 de marzo: en defensa das mulleres que están nas marxes
Conmemorar o pasado, planificar o futuro: un dos temas de maior impacto nas conmemoracións de NU do 8 de marzo, en 1996, continúa máis vixente que nunca, nun momento en que se confirma a construción dun futuro onde a igualdade de xénero está a supor a maior transformación colectiva para a humanidade neste século XXI. […]
A Valedora do Pobo recibe o Premio 10 de marzo.

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, recibiu hoxe o Premio 10 de marzo que outorga o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Fundación 10 de Marzo polo seu compromiso feminista dentro da súa traxectoria vital. Tamén recibiron o premio Xosé Manuel Sánchez Aguión, Ex Secretario de CCOO Galicia e José Antonio Urís, fundador […]
Inauguración da Exposición fotográfica de EAPN-Galicia: Emerxencia Vivenda: Polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible.

Onte inaugurouse na sede da institución da Valedora do Pobo unha mostra organizada por EAPN Galicia composta por varios paneis nos que se abordan problemáticas como o custo da vivenda, a infravivenda e chabolismo, accesibilidade, condicións de habitabilidade , dificultades na emancipación dos mozos , abandono da vivenda no rural, desafiuzamentos e vivenda social. No […]
A Valedora do Pobo asistiu onte en Madrid a un encontro co Defensor del Pueblo e os defensores autonómicos.

Na sede do Defensor del Pueblo en Madrid tivo lugar un encontro entre o Defensor del Pueblo e os defensores autonómicos co obxectivo de impulsar a coordinación e a colaboración entre institucións. Na reunión participaron, ademais de Ángel Gabilondo, Defensor del Pueblo e a Valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández Galiño, a Xustiza de Aragón, Concepción […]
Encontro da Valedora do Pobo con mulleres do medio rural.

O pasado mércores tivo lugar en Xinzo de Limia un interesante encontro no que a Valedora do Pobo, Dolores Fernández, e a Adxunta da institución, M.ª Xose Porteiro, acompañadas pola asesora técnica de igualdade, tiveron coñecemento da problemática e circunstancias ás que se enfrontan as mulleres do medio rural no seu día a día. No […]