Inauguración da Exposición fotográfica de EAPN-Galicia: Emerxencia Vivenda: Polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible.

Onte inaugurouse na sede da institución da Valedora do Pobo unha mostra organizada por EAPN Galicia composta por varios paneis nos que se abordan problemáticas como o custo da vivenda, a infravivenda e chabolismo, accesibilidade, condicións de habitabilidade , dificultades na emancipación dos mozos , abandono da vivenda no rural, desafiuzamentos e vivenda social.

No acto, inaugurado pola Valedora do Pobo, interviñeron , ademais de Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia, David Gabarri da Fundación Secretariado Xitano, Ana Álvarez Secretaria de EAPN Galicia en nome da asociación Érguete, Begoña Hermida vocal de EAPN Galicia en nome de FEGADACE, Lidia Rodriguez de Provivienda,  Miguel Rodriguez de Fundación Esplai e Javier Hermida Vicepresidente de EAPN Galicia en nome da Federación Alzheimer Galicia.

Estiveron presentes no acto representantes políticos que coñeceron a devandita problemática: Alberto Pazos Couñago e Carmen Pomar Tojo polo PP deG; Paloma Castro Rey e Patricia Iglesias Rey do PSdeG-PSOE e Olalla Rodil Fernández polo BNG.

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest