Reunión da valedora do pobo con RED ACOGE

Dolores Fernández Galiño, valedora do pobo, recibiu esta semana a Eduardo Búa, técnico de Rede Acoge (federación de entidades sociais especializadas no acompañamento a persoas migrantes e refuxiadas ) e responsable en Galicia do Servizo de Asistencia a Vítimas de Discriminación do CEDRE. No encontro informou á valedora sobre a Memoria 2025 deste organismo, que recolle, entre outros asuntos, a coordinación coa Fundación Secretariado Xitano, as súas actuacións máis relevantes e os principais contextos onde se detecta discriminación.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest