A Valedora do Pobo recibe o Premio 10 de marzo.

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, recibiu hoxe o Premio 10 de marzo que outorga o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Fundación 10 de Marzo polo seu compromiso feminista dentro da súa traxectoria vital.

Tamén recibiron o premio Xosé Manuel Sánchez Aguión, Ex Secretario de CCOO Galicia  e José Antonio Urís, fundador e presidente da Fundación Érguete Baixo Miño.

No acto, celebrado en Santiago de Compostela,  estiveron presentes o Secretario Xeral  de CCOO Unai Xordo, a Secretaria Xeral de CCOO Galicia Amelia Pérez e a Directora Xeral de Relacións Laborais da Xunta, Elena Mancha, entre outros.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest