8 de marzo: en defensa das mulleres que están nas marxes

Conmemorar o pasado, planificar o futuro: un dos temas de maior impacto nas conmemoracións de NU do 8 de marzo, en 1996, continúa máis vixente que nunca, nun momento en que se confirma a construción dun futuro onde a igualdade de xénero está a supor a maior transformación colectiva para a humanidade neste século XXI.

É imprescindible destacar a importancia de considerar e atender as situacións de discriminación por razón de xénero nas mulleres tradicionalmente esquecidas nas marxes. Desde a Valedora do Pobo apostamos por un criterio da interseccionalidade que vincula e recoñece as causas que producen esas diferenzas de clase, raza, xénero etc., porque se non se identifican, non se poden combater as vulneracións dos dereitos das mulleres que están en risco de exclusión. É preciso situalas no centro das políticas públicas —mulleres con adicións, migrantes, con discapacidade, rurais, de etnias minorizadas, con vulnerabilidade económica, monomarentais, trans, sometidas a trata, sufridoras de violencia de xénero etc.— e hai que facelo como un exercicio central das institucións que temos o deber e a misión de defender os dereitos humanos.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest