A valedora do pobo resalta a importancia de protexer o patrimonio histórico desde a perspectiva de xénero

A valedora do pobo participou o pasado venres na última sesión do curso “A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co réxime urbanístico”, organizado polo Consejo General del Poder Judicial para xuíces e xuízas de toda España. A intervención de Fernández Galiño ―maxistrada de carreira― levou por título: “Patrimonio e enfoque de xénero, que facer?”. Nela, destacou a importancia de recoñecer o patrimonio de homes e mulleres e de analizalo en perspectiva de xénero, pois, segundo subliñou, “o patrimonio é unha expresión da sociedade e da súa propia evolución”.

Estas xornadas, que van xa pola súa quinta edición, tiveron lugar no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela do 10 ao 12 de abril baixo a dirección de Dolores Rivera Frade, presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Entre os relatores deste ano estiveron David Chipperfield, premio Pritzker de Arquitectura no 2023, e Carlos Lesmes, maxistrado do Tribunal Supremo.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest