A Valedora do Pobo asistiu onte en Madrid a un encontro co Defensor del Pueblo e os defensores autonómicos.

Na sede do Defensor del Pueblo en Madrid tivo lugar un encontro entre o Defensor del Pueblo e os defensores autonómicos co obxectivo de impulsar a coordinación e a colaboración entre institucións.

Na reunión participaron, ademais de Ángel Gabilondo, Defensor del Pueblo e a Valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández Galiño, a Xustiza de Aragón, Concepción Gimeno; o Defensor do Pobo de Andaluz, Jesús Maeztu; o Deputado do Común de Canarias, Rafael Yanes; o Procurador do Común de Castela e León, Tomás Quintana; a Síndica de Greuges de Catalunya, Esther Giménez-Salinas; o Síndic de Greuges da Comunitat Valenciana, Ángel Luna; o Ararteko do País Vasco, Manuel Lezertua; e o Defensor do Pobo de Navarra, Patxi Beira.

Xunto á colaboración e coordinación entre institucións, na reunión tamén se trataron expedientes compartidos entre as mesmas, co obxectivo de lograr unha administración eficaz, solvente e áxil.

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest