A valedora do pobo intervén no II Simposio Europeo sobre Aporofobia.

Dolores Fernandez Galiño, valedora do pobo, participou no día de onte na segunda xornada do II Simposio Europeo sobre Aporofobia organizado por EAPN-ES, en colaboración con EAPN Galicia na Universidade de Santiago de Compostela. A súa intervención tivo lugar no panel ‘Discriminación por aporofobia: respostas para a protección das persoas en situación de pobreza’, introducido […]

Reunión da Valedora do Pobo coa relatora especial das Nacións Unidas sobre a extrema pobreza e os dereitos humanos e representantes de EAPN (Rede europea contra a pobreza).

A institución da Valedora do Pobo acolleu unha interesante reunión aproveitando a presenza en Santiago de Compostela de Elena Díaz Galán relatora especial das Nacións Unidas sobre a extrema pobreza e os dereitos humanos. Buscábase ademais de poñer en común as diferentes preocupacións no ámbito da loita contra a pobreza, identificar e coñecer as diferentes […]

Acto de entrega dos Premios Valedora do Pobo 2026.

O pasado venres día 19 tivo lugar no salón de Graos da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela a cerimonia de entrega da sexta edición dos Premios Valedora do Pobo, promovidos por esta institución e coa colaboración das tres universidades galegas. No acto, presidido por Lorena Añón, Vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade […]

A Valedora do Pobo participa no Acto de Presentación da Declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e á aporofobia” organizado por EAPN-Galicia, con motivo do Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de odio.

A xornada organizada por EAPN-Galicia acolleu a decenas de organizacións de todos os eidos que levan asumido e asinado a Declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e á aporofobia”, unha pequena representación dos 161 asinantes entre os que se atopan entidades galegas, colexios profesionais, universidades, sindicatos, organizacións empresariais, organizacións culturais, entre outros. […]

A Valedora do pobo clausura o Master en Xestión e Dirección Laboral da Universidade de Vigo.

O pasado xoves Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, acudiu á Universidade de Vigo para clausurar o Master en Xestión e Dirección Laboral, especialidade Dirección de empresas, coordinado nesa Universidade por Alberto Vaquero García, Profesor de Economía Aplicada. Dolores Fernandez Galiño pechou o máster cunha charla que versou sobre a intelixencia artificial e a discriminación […]

A Valedora do Pobo reúnese coa presidenta de Fademur Galicia

No día de onte Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, recibiu na sede da institución a Rosa Arcos, a nova presidenta da Federación de Asociacións de Mujeres Rurales de Galicia – FADEMUR GALICIA, organización sen ánimo de lucro, que loita pola visibilización do papel dás mulleres no medio rural apostando pola igualdade e o progreso […]

A Valedora recibe á asociación “Escola Rural de Saúde da Limia.”

Hoxe na biblioteca da institución tivo lugar un encontro coa Asociación Escola Rural de Saúde da Limia. A través dun emotivo diálogo compartiron as experiencias de mulleres que emigrando, emprendendo, e coidando, antepuxeron a vida dos seus veciños e  familias ás súas propias, logrando co seu esforzo un avance para toda a súa contorna. Un […]

A Valedora do Pobo recibe a Domingo González. A soidade non desexada.

Onte Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, recibiu a Domingo González, periodista e autor do libro “Viaje al país de la soledad”, con quen tratou sobre a soidade non desexada das peroas maiores, problema abordado pola institución en diversas queixas, actuacións de oficio e tamén contemplado nos informes anuais.