Inauguración da exposición fotográfica “Emerxencia Vivenda: Polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible”, organizada por EAPN Galicia. 29 de febreiro.
O xoves 29 de febreiro, ás 10:30h, terá lugar na sede da Valedora do Pobo, o acto de inauguración da exposición fotográfica Emerxencia Vivenda: Polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible, na que EAPN (Rede europea contra a pobreza)-Galicia intenta amosar a realidade mais urxente e grave da problemática da escaseza e encarecemento […]
Cuarta Edición dos Premios Valedora do Pobo. Fallo do Xurado.
Onte 19 de febreiro fallouse o resultado da cuarta edición dos premios instituídos pola Valedora do Pobo e as tres universidades galegas para recoñecer os mellores traballos de fin de grao (TFG) e de fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Nesta edición o traballo fin de máster gañador resultou […]
Participación da Valedora do Pobo e da asesora da institución Mar Barcón no programa Edu Referentes.

Co Programa Edu Referentes a asociación Executivas de Galicia realiza encontros de mulleres referentes galegas con estudantes de ESO, FP e Bacharelato, con visitas a centros educativos de Galicia. Neste caso a charla tivo lugar no IES de Quiroga (Lugo). O obxectivo é que sexa unha canle que impulse e visibilice ás mulleres profesionais referentes […]
Reunión da Valedora do Pobo coa Fundación Esplai.

Hoxe a Valedora do Pobo e o Secretario Xeral da Institución, asesor da área de Inclusión, reuníronse con Miguel Rodriguez e Paula Tajuelo, responsables territoriais da Fundación Esplai en Galicia. Fundación Esplai Cidadanía Comprometida é unha entidade sen ánimo de lucro estatal, que conta cunha sede en Vigo, que desenvolve proxectos e programas para promover […]
Clausura da exposición “Mulleres Símbolo do Rural” da Asociación “Escola Rural de Saúde da Limia”

Hoxe tivo lugar na sede da institución un emotivo acto con motivo da clausura da exposición que a “Asociación Escola Rural de Saúde da Limia” estivo exhibindo os dous últimos meses na institución. A mostra ten como obxectivo investigar e difundir a presenza e a participación das mulleres do rural de Galicia, ademais da posibilidade […]
Presentación por EAPN da investigación e guía ”El Acceso a los servicios esenciales y la participación en la defensa de derechos en las personas mayores en pobreza y riesgo de exclusión social’.

A Valedora do Pobo participou hoxe en Santiago de Compostela no acto organizado por EAPN- España no que se presentou a investigación e a guía ‘El Acceso a los servicios esenciales y la participación en la defensa de derechos en las personas mayores en pobreza y riesgo de exclusión social’. No acto tratáronse temas como […]
Xornada de EAPN España en Santiago. “El acceso a los servicios esenciales y la participación en la defensa de derechos en las personas mayores en pobreza y riesgo de exclusión social”. 14 de Decembro no CEGADI.
O xoves 14 de decembro de 2023 no CEGADI (Santiago) de 09:30 a 13:30h, EAPN organiza unha xornada na que se presentarán para todo o estado os resultados da investigación “El acceso a los servicios esenciales y la participación en la defensa de derechos en las personas mayores en pobreza y riesgo de exclusión social” […]
A Valedora do Pobo asiste ás XXXVI Xornadas de Coordinación dos Defensores del Pueblo.

Os pasados días 23 e 24 de novembro tiveron lugar en Barcelona as XXXVI Xornadas de Coordinación dos Defensores del Pueblo, nas que participou a Valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández Galiño. Achégase ligazón ás conclusións acordadas nas devanditas xornadas .Conclusións 36 xornadas de Coordinación_def
Xornada polo Día Mundial da Infancia: Participación Infantil e Adolescente.

Co motivo do Día Mundial da Infancia, a institución da Valedora do Pobo acolleu hoxe un acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia, que xirou sobre a participación infantil e adolescente, con fundamento na Convención sobre os Dereitos da Infancia da ONU. No acto interviron, ademais da Valedora do Pobo, Xesús Vilas, […]
Entrevista á Valedora do Pobo con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
A Valedora do Pobo foi entrevistada hoxe no programa “Galicia por diante” da Radio Galega con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de novembro. No enlace, a entrevista aparece no minuto 8, 50″. https://www.crtvg.es/rg/a-carta/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-24-11-2023-6325417