Xornada polo Día Mundial da Infancia: Participación Infantil e Adolescente.

Co motivo do Día Mundial da Infancia, a institución da Valedora do Pobo acolleu hoxe un acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia, que xirou sobre a participación infantil e adolescente, con fundamento na Convención sobre os Dereitos da Infancia da ONU.

No acto interviron, ademais da Valedora do Pobo, Xesús Vilas, presidente da Plataforma, Mabel Taravila, responsable de Participación Infantil da Plataforma da Infancia Estatal, e unha rapaza e un rapaz, representantes do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia que presentaron as súas propostas.

propostas

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest