Reunión da Valedora do Pobo coa Fundación Esplai.

Hoxe a Valedora do Pobo e o Secretario Xeral da Institución, asesor da área de Inclusión, reuníronse con Miguel Rodriguez e Paula Tajuelo, responsables territoriais da Fundación Esplai en Galicia.  Fundación Esplai Cidadanía Comprometida é unha entidade sen ánimo de lucro estatal, que conta cunha sede en Vigo, que desenvolve proxectos e programas para promover o empoderamento cidadán desde a perspectiva dos dereitos, a inclusión e a transformación social mediante o traballo en rede, a acción socioeducativa e a inclusión no ámbito das TIC.

Os representantes de Esplai explicaron na  institución, entre outros temas, os traballos de investigación e talleres que están a levar a cabo en relación co problema da fenda dixital e as persoas maiores.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest