Cuarta Edición dos Premios Valedora do Pobo. Fallo do Xurado.

Onte 19 de febreiro fallouse o resultado da cuarta edición dos premios instituídos pola Valedora do Pobo e as tres universidades galegas para recoñecer os mellores traballos de fin de grao (TFG) e de fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Nesta edición o traballo fin de máster gañador resultou ser o titulado: ”Lexislar e Xulgar dende a perspectiva de xénero: especial referencia ao ámbito do dereito penal e aos delitos sexuais”, de Teresa Búa Zache da Universidade de A Coruña.

En canto ao traballo fin de grao, o gañador foi “Violencia de Xénero. Impacto das ordes de protección e do proceso xudicial no benestar psicolóxico das vítimas” da autora Coral Carballedo Roca. Universidade de Santiago de Compostela.

Os premios outorgáronse por unanimidade. O acto de entrega terá lugar no decurso do mes de marzo, estando a cargo da súa organización a Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest