A Valedora do Pobo asiste ao acto de entrega dos Recoñecementos Meninas 2023.
O pasado día 21 tivo lugar no Hostal dos os Reis Católicos o acto de entrega dos Recoñecementos Meninas 2023 que entrega a Delegación do Goberno e que poñen en valor o labor de entidades e persoas en favor da igualdade e na loita contra a violencia de xénero. Este ano os galardóns foi para […]
XORNADA DE INFANCIA. Participación Infantil e Adolescente. Sede da institución. 27 de novembro
O vindeiro luns terá lugar na sede da institución da Valedora do Pobo un acto con ocasión da celebración do Día da Infancia, organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. O programa é o seguinte: -11:30 horas: Inauguración pola Valedora do Pobo. Intervén Xesús Vilas, presidente da Plataforma de Organizacións de Infancia […]
Participación da Valedora do Pobo na Mesa do Idadismo en Ourense.

María Dolores Fernández Galiño participou esta mañá nunha Mesa de Traballo sobre idadismo organizada pola Asociación Miradas Mulleres + 60, cunha charla titulada “Idade e Xénero”. A xornada foi presentada por Maria Antonia Rilo, presidenta da asociación, e participaron 17 asociacións máis, ademais das intervencións de José María Faílde, Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía […]
Xornada sobre intelixencia artificial e nesgo de xénero.

Hoxe nas nosas instalacións celebrouse unha xornada sobre intelixencia artificial e nesgo de xénero organizada pola institución da Valedora do Pobo e a Asociación de Mulleres no Sector Público (AMSP) Verónica Bolón, profesora titular do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da información da UDC impartiu un relatorio sobre o tema, advertindo da importancia […]
Presentación no Parlamento do Informe Anual 2022.

A Valedora do Pobo presentou hoxe ante o Pleno do Parlamento de Galicia o Informe Anual 2022 da institución. Tras a exposición da Valedora interviñeron polo PSOE a deputada Noelia Otero Lago, polo BNG o deputado Daniel Castro García, e polo PP a deputada Paula Prado del Río segundo esta orde. Tras as intervencións dos […]
Xornada sobre intelixencia artificial e nesgo de xénero. 17 de novembro.
O próximo día 17 de novembro terá lugar na biblioteca das nosas instalacións unha xornada sobre intelixencia artificial e nesgo de xénero organizada pola institución da Valedora do Pobo e a Asociación de Mulleres no Sector público. O programa é o seguinte: 10:00 a 10:30 – Benvida e presentación da xornada pola Valedora do Pobo, […]
Convocatoria de bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica e bolsa destinada para a formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución.
A institución da Valedora do Pobo ven de convocar dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica neste organismo, e unha bolsa destinada formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución, e anuncia dita convocatoria. As dúas primeiras terán por obxecto a formación práctica […]
A Valedora do Pobo asiste á toma de posesión de Manuel Pérez Álvarez como presidente do CES Galicia.
O pasado día 24 a Valedora do Pobo acudiu ao Consello Económico e Social de Galicia para asistir á toma de posesión do seu novo presidente, Manuel Pérez Álvarez, dando o relevo a Agustín Hernández . O CES emite ditames preceptivos sobre anteproxectos de lei e proxectos de decretos lexislativos que regulen materias socioeconómicas directamente […]
26 de outubro. Día do Dano Cerebral Adquirido

Con motivo do día do Dano Cerebral Adquirido, a Valedora do Pobo asistiu onte a un acto institucional organizado polo Parlamento de Galicia en colaboración con FEGADACE, Federación Galega de Dano Cerebral Adquirido, integrada por ADACECO (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense), e Sarela (Santiago de Compostela). Queremos lembrar que a caixiña na […]
Informe Anual 2022. Comparecencia da Valedora do Pobo ante a Comisión de Peticións.

Con motivo da presentación do Informe Anual da Institución 2022, a Valedora do Pobo compareceu onte ante a Comisión de Peticións na que estaban o Presidente e as integrantes da Mesa do Parlamento así como a representación dos grupos parlamentarios: a deputada Noelia Otero Lago polo PSOE, o deputado Daniel Castro García polo BNG e […]