Xornada sobre intelixencia artificial e nesgo de xénero. 17 de novembro.

O próximo día 17 de novembro terá lugar na biblioteca das nosas instalacións unha xornada sobre intelixencia artificial e nesgo de xénero organizada pola institución da Valedora do Pobo e a Asociación de Mulleres no Sector público.

O programa é o seguinte:

  • 10:00 a 10:30 – Benvida e presentación da xornada pola Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño e por Patricia Iglesias Rey, Letrada do Consello de Contas de Galicia e coordinadora da asociación Mulleres no Sector Público en Galicia.
  • 10:30 a 11.30 – Relatorio impartido por Verónica Bolón, profesora Titular do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información. Universidade da Coruña.
  • 11:30 a 12:00 – Coloquio coa intervención de Verónica Bolón e María Méndez, Presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia e moderado por Ana Ramos Ramos, Secretaria de Administración Local e membro da AMSP en Galicia.
  • Café de Clausura.

Inscrición nesta ligazón:

Ligazón

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest