Convocatoria de bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica e bolsa destinada para a formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución.

A institución da Valedora do Pobo ven de convocar dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica neste organismo, e unha bolsa destinada formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución, e anuncia dita convocatoria.

As dúas primeiras terán por obxecto a formación práctica na Valedora do Pobo de persoas con discapacidade psíquica, vinculada cos seus estudos, como medida para favorecer a súa inclusión. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de novembro.

Ligazón

A outra  convocatoria é para a formación en prácticas nas materias sinaladas e aplicación nas diversas publicacións en web e noutros medios da Valedora do Pobo. Neste caso o prazo finaliza o día 22 de novembro.

Ligazón

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest