26 de outubro. Día do Dano Cerebral Adquirido

Con motivo do día do Dano Cerebral Adquirido, a Valedora do Pobo asistiu onte a un acto institucional organizado polo Parlamento de Galicia en colaboración con FEGADACE, Federación Galega de Dano Cerebral Adquirido, integrada por ADACECO  (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense), e Sarela (Santiago de Compostela).

Queremos lembrar que a caixiña na que se colocou este ano o pen drive do Informe Anual  da institución na súa entrega ao Presidente do Parlamento, foi elaborada  por Sarela. Desde aquí o noso agradecemento.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest