Visita da conselleira de Emprego e Igualdade á Institución da Valedora do Pobo , onde realizou un percorrido pola exposición “Mulleres Símbolo do Rural “, mostra que se ofrece estes días nas súas instalacións.

A conselleira de Emprego e Igualdade, Elena Rivo López,  visitou esta mañá a exposición “Mulleres  Símbolo do Rural “ da Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia, que estes días presenta a súa mostra nas instalacións da biblioteca da Institución , e onde se interesou pola historia das mulleres representadas na mesma. Posteriormente se reunió […]

Cuarta edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

A Institución da Valedora do Pobo, convoca, en colaboración coas tres Universidades galegas, estes premios dirixidos a traballos que destaquen polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Os traballos deberán ser lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2022/23. O prazo […]

Visita da Valedora do Pobo á Biblioteca do Real Consulado en A Coruña.

A Biblioteca do Real Consulado é un legado histórico de persoas sabias, comezando polo seu fundador Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (Curtis 1749-Santiago de Compostela 1806), que se pode visitar hoxe grazas ao bo facer de persoas integrantes do padroado da fundación, inscrita en 1807 no protectorado de fundacións culturais, e que ao longo dos séculos […]

Xornada gordofobia

O pasado venres día 22 tivo lugar a xornada sobre gordofobia organizada pola institución da Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega, que foi inaugurada polas súas respectivas presidentas, Dolores Fernández Galiño e Rosario Alvarez. Na mesma participaron Covadonga D´lom, autora de Curvy (primeiro cómic sobre a beleza con curvas); Inma López Silva, […]

A Valedora do Pobo asiste ao acto de entrega das medallas Emilia Pardo Bazán.

Onte na antiga fábrica de tabaco da Coruña, tivo lugar o acto de entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán, acto ao que acudiu a Valedora do Pobo. Este ano a Xunta outorgou esta distinción á Fundación Secretariado Xitano, á Asociación Executivas de Galicia e á maxistrada e delegada de igualdade da Sala de Goberno do […]

A Valedora do Pobo inaugura na Universidade de Vigo o “Máster en menores en situación de desprotección e conflito social”

“As nenas e os nenos son suxeitos de dereitos humanos porque son, sinxelamente, persoas”, afirmou a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, na conferencia “O interese superior do menor” con que inaugurou o Master en Menores en situación de desprotección e conflito social da Universidade de Vigo. Centrou a súa disertación na análise da Convención […]