Asistencia da Valedora do Pobo á Gala dos Premios Solidarios do Grupo Social ONCE en Galicia.

A Valedora do Pobo acudiu onte na Coruña á  Gala dos Premios Solidarios do Grupo Social ONCE en Galicia. Os gañadores foron  a Fundación María José Jove, o programa de radio ‘Pensando en Ti’ de Radio Galega, Cristina Saavedra, Estrela Galicia e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Xunta.

A Valedora foi a encargada de entregar o galardón a Felipa Jove Santos,  Presidenta da Fundación Maria José Jove.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest