Visita da Valedora do Pobo á Biblioteca do Real Consulado en A Coruña.

A Biblioteca do Real Consulado é un legado histórico de persoas sabias, comezando polo seu fundador Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (Curtis 1749-Santiago de Compostela 1806), que se pode visitar hoxe grazas ao bo facer de persoas integrantes do padroado da fundación, inscrita en 1807 no protectorado de fundacións culturais, e que ao longo dos séculos o enriquecen e conservan para o noso coñecemento e o das xeracións vindeiras.

O legado histórico comprende máis de 33.000 volumes, dos que 200 son do século XVI, máis de 700 do XVII e 5700 do século XVIII.

 

A Valedora acudiu á visita acompañada pola asesora da institución Mar Barcón. Durante a mesma, o presidente do padroado Javier Padín regaloulles unha explicación detallada do fondo antigo da biblioteca, pudendo admirar a obra manuscrita de Francisco de Quevedo, así como incunables e outras xoias bibliográficas tal e como se aprecia na fotografía. Na outra instantánea aparecen ademais varios integrantes do padroado.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest