O pasado venres día 22 tivo lugar a xornada sobre gordofobia organizada pola institución da Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega, que foi inaugurada polas súas respectivas presidentas, Dolores Fernández Galiño e Rosario Alvarez.
Na mesma participaron Covadonga D´lom, autora de Curvy (primeiro cómic sobre a beleza con curvas); Inma López Silva, membro do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos; Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos; Rocío Portal, nutricionista; Lucía Trigo, psicóloga; e Teté Delgado, actriz.
Na súa intervención a Valedora do Pobo falou da necesidade do recoñecemento legal da discriminación por gordofobia. Ligazón ao documento.
Ao acto acudiron tamén as nosas bolseiras Rebeca e Laura, que ese mesmo día finalizaban a súa estancia na institución, e que aparecen na foto que compartimos diante do Pazo de Raxoi coa Valedora do Pobo,e coa Adxunta da institución Maria Xosé Porteiro.