A Valedora do Pobo asiste ao acto de entrega das medallas Emilia Pardo Bazán.

Onte na antiga fábrica de tabaco da Coruña, tivo lugar o acto de entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán, acto ao que acudiu a Valedora do Pobo. Este ano a Xunta outorgou esta distinción á Fundación Secretariado Xitano, á Asociación Executivas de Galicia e á maxistrada e delegada de igualdade da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Maria Teresa Cortizas González-Criado.

Na foto, a Valedora do Pobo aparece acompañada, de esquerda a dereita, por María Méndez, Presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia, Eva Vera Ledo, Directora Territorial da Fundación Secretariado Xitano en Galicia, unha das premiadas, e a continuación de Dolores Fernández Galiño, Antía Sánchez Callejo, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest