Reunión da Valedora do Pobo coa asociación “O Fogar das Mulleres”.

Onte a Valedora do Pobo recibiu na institución a representantes da asociación “O Fogar das Mulleres” de Boiro. A súa presidenta, Verónica Alvarez Martín, acompañada por dúas integrantes da asociación, trasladounos as súas inquietudes e problemas como vítimas de violencia de xénero.

A Gordofobia a debate e reflexión. Xornada. 22 de setembro

O 22 de setembro terá lugar unha xornada organizada pola Valedora do Pobo e o Consello da Cultura sobre o novo xeito de discriminación que supón a gordofobia.   A medicina, a publicidade ou a moda xeran discursos poderosos que tentan procurar unha norma, un canon que, en ocasións, mutila e produce dor. Sobre esa […]

Reunión da Valedora do Pobo coa presidenta de Fademur Galicia.

A presidenta de Fademur Galicia, Verónica Marcos Arrojo, acudiu á Institución da Valedora do Pobo co obxecto de trasladar a problemática relativa ás deficiencias detectadas nos sistemas telemáticos de protección das vítimas de violencia de xénero -dispositivos cometa-e as consecuencias que iso ten respecto ás mesmas. Fademur é a federación de asociacións de mulleres rurais […]

O secretario xeral da Valedora do Pobo, Fernando de Andrés Alonso, participou no Seminario Internacional sobre Dixitalización, Dereitos Fundamentais e Vulnerabilidade, organizado pola Universidade de Vigo. O seminario tivo lugar o 7 de xullo na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

O secretario xeral da Institución participou no Seminario Internacional sobre Dixitalización, Dereitos Fundamentais e Vulnerabilidade cunha ponencia na que expuxo as actuacións da Valedora do Pobo para afrontar as diferentes formas de discriminación que derivan das dificultades das persoas en situación de vulnerabilidade á hora de realizar consultas e trámites on line nos servizos públicos, […]

2024-2034, declarado Decenio das mulleres rurais pola OEA

A asamblea xeral da Organización de Estados Americanos (OEA) vén de aprobar no seu Pleno do 22 de xuño, en Washington, a “Declaración dos dereitos de todas as mulleres, adolescentes e nenas, nas zonas rurais das Américas”. Nas súas consideracións tiveron en conta que as mulleres, adolescentes e nenas, particularmente as das zonas rurais, experimentaron […]

Declaración da Valedora do Pobo con motivo do día da ELA

A Asociación Española de Esclerose Lateral Amiotrófica subliña que a medida que avanza a enfermidade as necesidades van aumentando co grao dependencia, que chega a ser total. A medida que vai cursando, a dexeneración das motoneuronas vai estendendo a falta de mobilidade e o paciente require unha atención e vixilancia as 24 horas do día. […]