Reunión da Valedora do Pobo coa presidenta de Fademur Galicia.

A presidenta de Fademur Galicia, Verónica Marcos Arrojo, acudiu á Institución da Valedora do Pobo co obxecto de trasladar a problemática relativa ás deficiencias detectadas nos sistemas telemáticos de protección das vítimas de violencia de xénero -dispositivos cometa-e as consecuencias que iso ten respecto ás mesmas.

Fademur é a federación de asociacións de mulleres rurais con implantación en toda España. Por cuestións competenciais trasladarase a queixa ao Defensor del Pueblo.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest