A Gordofobia a debate e reflexión. Xornada. 22 de setembro

O 22 de setembro terá lugar unha xornada organizada pola Valedora do Pobo e o Consello da Cultura sobre o novo xeito de discriminación que supón a gordofobia.

 

A medicina, a publicidade ou a moda xeran discursos poderosos que tentan procurar unha norma, un canon que, en ocasións, mutila e produce dor. Sobre esa dor que padecen en maior medida as mulleres, a discriminación por gordofobia e a violencia estética pivota esta xornada sobre un tema de actualidade que moitas persoas sofren como unha vulneración dos seus dereitos.

 

Coa confianza en que temas tan importantes como a obesidade e a gordofobia sexan de interese e, poidan contribuír á promoción de políticas públicas máis inclusivas e co seu foco na saúde e o benestar das persoas, propónse un debate para profundar sobre o dano dos prexuízos estéticos corporais e camiñar na promoción dunha vida saudable máis alá das modas ou os estereotipos patriarcais de beleza,

 

Nesta reflexión participarán Covadonga D´lom, autora de Curvy (primeiro cómic sobre a beleza con curvas); Inma López Silva, membro do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos; Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos; Rocío Portal, nutricionista; Lucía Trigo, psicóloga; e Teté Delgado, actriz.

 

A actividade terá lugar entre as 10 e as 14 h. do venres 22, nas instalacións do Consello, no Pazo de Raxoi. Serán inauguradas por Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, e Rosario Álvarez, Presidenta do Consello da Cultura.

 

Pode realizarse aquí a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN. As prazas son limitadas, e precísase confirmación de asistencia por este medio.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest