A Valedora do Pobo asiste en Vitoria ao seminario “A LEI DO ARARTEKO. CONSTRUÍNDO O FUTURO. Unha reflexión sobre as defensorías do pobo .”

A Valedora do Pobo, acompañada do Secretario Xeral da institución, asistiu os días 12 e 13 de xuño en Vitoria ao seminario organizado polo Parlamento Vasco e o Ararteko, A LEI DO ARARTEKO. CONSTRUÍNDO O FUTURO. Unha reflexión sobre as defensorías do pobo .”

O seminario constitúe un espazo de reflexión no que, durante dúas xornadas, analizáronse diversas ferramentas, tamén no ámbito internacional, das que se foron dotando as defensorías do pobo para poder seguir exercendo a súa misión de defender os dereitos da cidadanía.

A Valedora do Pobo participou presentando un relatorio titulado “A experiencia da institución da Valedora do Pobo como comisionada de transparencia”.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest