A Valedora do Pobo asistiu onte no Parlamento de Galicia ao Acto de homenaxe a Alexandre Bóveda e ás vítimas do franquismo.

A homenaxe foi un recoñecemento ás vítimas galegas do franquismo e á figura de Alexandre Bóveda. Da cumprimento a un acordo unánime dos tres grupos parlamentarios do 3 de novembro de 2021.

No acto, que contou coa intervención de Aurora Marco López, en representación das asociacións da memoria histórica e das vítimas, e de Amalia Bóveda Álvarez, filla de Alexandre Bóveda, o presidente do Parlamento reivindicou a democracia e os dereitos humanos, reiterando a condena ao franquismo e sinalando que cómpre non esquecer a barbarie —duns e doutros— para non repetirmos xamais os erros do pasado.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest