A Valedora do Pobo remite ao Defensor del Pueblo unha queixa de oficio sobre o feminicidio de Ana Vanessa Serén, acontecido o pasado sábado 3 de xuño en Santa María de Oia.

Ana Vanessa foi asasinada cando xa denunciara a súa parella, o seu risco fora valorado como medio e non se adoptara ningún dispositivo telemático de vixilancia do agresor.

Esta institución decide abrir queixa de oficio ao constatar que voces autorizadas advirten da necesidade de ser proactivos en orde a procurar a máxima protección das mulleres vítimas de violencia de xénero extremando a dilixencia. Tendo en conta que o mecanismo de valoración forense do risco está a ser infrautilizado e que seguen sendo asasinadas mulleres despois de denunciar e mesmo con algunha medida de protección en vigor, sería necesario incidir na necesidade de potenciar a coordinación entre os distintos operadores á hora de utilizar todos os instrumentos necesarios para a valoración do risco e á hora de solicitar todos os instrumentos procedentes para o risco valorado.

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest