Mesa redonda da asociación Al-Anon na Valedora do Pobo

Co gallo do 63 aniversario da asociación Al-Anon /Alateen en España (AFALGA, Asociación de Familiares de Alcohólicos en Galicia), organizaron, na sede da Valedora do Pobo, unha mesa redonda, co obxectivo de abordar dunha maneira interdisciplinar as consecuencias do alcoholismo na familia e contorna.

Moderou a mesa Helena Soto, xornalista de Radio Galega, na que interviñeron Carlos Spuch, neurocientífico e investigador da Universidade de Vigo, Margarita Merlos, orientadora do instituto de Pontepedriña e Jorge Mato, xefe da UFAM (Unidade de Familia e Muller) da Comisaría Nacional de Santiago de Compostela.

O alcoholismo é un dos maiores problemas relacionados coa saúde, é unha enfermidade que afecta á familia enteira de xeración en xeración, a menos que se interrompa a pauta, de modo que a axuda ten que ser estendida, non soamente ao alcohólico, senón tamén aos membros da familia.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest