A Valedora do Pobo remite ao Defensor del Pueblo unha queixa de oficio sobre o feminicidio de Ana Vanessa Serén, acontecido o pasado sábado 3 de xuño en Santa María de Oia.

Ana Vanessa foi asasinada cando xa denunciara a súa parella, o seu risco fora valorado como medio e non se adoptara ningún dispositivo telemático de vixilancia do agresor. Esta institución decide abrir queixa de oficio ao constatar que voces autorizadas advirten da necesidade de ser proactivos en orde a procurar a máxima protección das mulleres […]

Reunión coa Federación das Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

Hoxe a Valedora do Pobo e o Secretario Xeral da Institución recibiron a visita de Iker Sertucha, presidente da Federación das Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, que acudiu acompañado por Ana Fernández intérprete de lingua de signos. No transcurso da reunión que mantiveron, tratáronse principalmente temas relacionados coas dificultades que as persoas xordas teñen […]

Primeiro Diálogo Interxeracional-Valedora do Pobo

O pasado 14 de abril vén de celebrarse o Primeiro Diálogo Interxeracional – Valedora do Pobo, na sede da institución. Dolores Fernández Galiño presentou esta iniciativa coma un encontro necesario entre persoas xa xubiladas e persoas máis novas para o intercambio de puntos de vista, a aclaración de dúbidas, a procura de puntos de encontro, […]

“Un(s) dereito(s) para as persoas maiores”. Andrés Vázquez

En febreiro de 2022 a Valedora do Pobo celebrou un encontro en Carballiño, dentro do convenio da institución co Consello da Cultura Galega, sobre o idadismo, como nova maneira de discriminación por mor da idade, buscando a interxeracionalidade dos partícipes no que se contou coa intervención de Andrés Vázquez, xoven estudante de Dereito.   Recentemente, […]

Visita da asociación sociocultural ASCM.

A Valedora do Pobo acompañada polo Secretario Xeral recibiron  na sede da Institución a visita da asociación ASCM, que é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo prioritario a plena inclusión das persoas con discapacidade. Os membros da asociación estiveron acompañados na visita pola súa Presidenta, Paula Gárate Formoso e polo  Secretario […]

8 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

A Valedora do Pobo e a Fundación Secretariado Gitano desenvolven unha estreita colaboración plasmada en diversas actividades que se celebraron conxuntamente en 2020, 2021 e 2022.   Sumámonos a esta conmemoración que lembra unha efeméride de enorme importancia para esta grande colectividade que forma parte da cidadanía galega historicamente.   Con motivo da conmemoración do […]

Entrevista á Valedora do Pobo na CRTVG.

Hoxe a Valedora do Pobo participou no programa “Bos días” da Radio Televisión de Galicia. A entrevista xirou sobre a falta de presencialidade e a cita previa nas Administracións Públicas. Esta situación penaliza aos colectivos máis vulnerables como son as persoas maiores e aos afectados en xeral pola fenda dixital, como sucede no medio rural.

Publicación en “Falamos de Feminismo” do traballo “A xestación por substitución no Dereito civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo”. Autora: Carmen Castrillo Sotelo.

Hoxe publicamos na sección de “Falamos de Feminismo” o traballo de Carmen Castrillo Sotelo titulado “A xestación por substitución no Dereito civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo” Traballo gañador “ex aequo” da Terceira Edición dos Premios Valedora do Pobo, na modalidade de traballos fin de grao.