Visita da asociación sociocultural ASCM.

A Valedora do Pobo acompañada polo Secretario Xeral recibiron  na sede da Institución a visita da asociación ASCM, que é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo prioritario a plena inclusión das persoas con discapacidade.

Os membros da asociación estiveron acompañados na visita pola súa Presidenta, Paula Gárate Formoso e polo  Secretario Javier Rodriguez, e aproveitaron  para manifestar as súas inquietudes e preocupacións, entre os que destacan temas relacionados coa accesibilidade.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest