“Un(s) dereito(s) para as persoas maiores”. Andrés Vázquez

En febreiro de 2022 a Valedora do Pobo celebrou un encontro en Carballiño, dentro do convenio da institución co Consello da Cultura Galega, sobre o idadismo, como nova maneira de discriminación por mor da idade, buscando a interxeracionalidade dos partícipes no que se contou coa intervención de Andrés Vázquez, xoven estudante de Dereito.

 

Recentemente, profundando nesta inquietude, acaba de celebrarse na institución o Primeiro Diálogo Interxeracional no que participaron persoas xubiladas e persoas mozas, para intercambiar preocupacións, inquietudes e chegar a puntos de encontro. Novamente cotamos coa intervención deste xoven.

 

Froito do traballo no ámbito da interxeracionalidade, encargamos a Andrés Vázquez a realización dun documento que recolle aspectos a ter en conta á hora de enfocar a cuestión do recoñecemento dos dereitos das persoas de maior idade, que poñemos a disposición nesta ligazón

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest