Reunión coa Federación das Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

Hoxe a Valedora do Pobo e o Secretario Xeral da Institución recibiron a visita de Iker Sertucha, presidente da Federación das Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, que acudiu acompañado por Ana Fernández intérprete de lingua de signos. No transcurso da reunión que mantiveron, tratáronse principalmente temas relacionados coas dificultades que as persoas xordas teñen na accesibilidade á Administración Pública.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest