Presentación por EAPN Galicia do Informe sobre o estado da pobreza en Galicia 2023.

Onte presentouse na sede da Institución da Valedora do Pobo por EAPN Galicia (Rede europea contra a pobreza) coalición independente de ONG e outros grupos involucrados na loita contra a pobreza e a exclusión social, o Informe sobre o estado da pobreza en Galicia 2023, que revela que o 23,6% da poboación galega estaba en risco de pobreza ou exclusión social en 2022, cifra inferior ao ano anterior. No acto interviron Dolores Fernandez Galiño, Valedora do Pobo; Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia  e Xosé Cuns, director EAPN Galicia.

Unha vez finalizada a presentación, realizouse un encontro con persoas  en risco de pobreza ou exclusión das entidades da asociación, no que se trataron temas como a dificultade dos inmigrantes para unha relación laboral mentres non dispoñen do permiso de residencia ou traballo,  problemas de conciliación en familias monoparentais, de recuperación do RISGA despois dun emprego,  de vivenda, asuntos relacionados coa discapacidade e emprego ou do colectivo de mulleres trans.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest