Cuarta edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

A Institución da Valedora do Pobo, convoca, en colaboración coas tres Universidades galegas, estes premios dirixidos a traballos que destaquen polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Os traballos deberán ser lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2022/23.

O prazo de presentación finaliza no 30 de novembro.

Ligazón ao DOG

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest